Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

lunes, 31 de mayo de 2010

O dia despois do curso de pastoreo


Pasamos unha boa xornada pastoreando ovellas en Boimorto.
Non me puxen moi nervoso por estar os da tele, e me gustou ver que moitos cans teñen o seu instinto gardado pero presente, como Yako e Dalí, que se atreveron incluso cas bravas cachenas.
Pepa e Sella se mostraron desafiantes e nada temerosas ante as ovellas.
Sira, para o noviña que é , promete moito.
Berta non está adestrada para pastorear, pero con tempo, xa se vería.
O mesmo digo de Lisa, a cadeliña mestiza da miña irmá Alicia.
Klaus é un bonachón, que pasaba das ovellas, pero que me encantou que viñera.
Tweed, fillo de Todd e Maya da anterior camada, demostrou que traballa a diario con cabras, pois a campo aberto moveu o rebaño moi ben, e incluso colaborou co Todd no San Fermin das cachenas.
por xentileza de Jose Luis Rio, temos estas fotos:
Mauxi fixo estas outras:
So teño verbas de agradecemento para Marta polo seu apoio loxístico, indo a buscar a xente que non daba co sitio, e facendo de anfitriona mentres eu estaba liado.
Gracias os compañeiros de Criaturas, por axudar a promocionar o pastoreo en Galicia, e xa estamos deseando que emitan a reportaxe en Setembro.
A data do próximo cursillo está no aire, pois prefiro ir primeiro a Valencia para coller mais soltura, e logo transmitir aqui os coñecementos.

jueves, 20 de mayo de 2010

Mais informacion do curso de pastoreo


Gustaríame saber canto antes cantos seremos, asi que irei actualizando a lista.


Hai sombra para deixar o coche en dous camiños de terra xusto o pasar a casiña, un a esquerda e outro a dereita .

Se se aparca ben arrimado o coche, por se pasa algún tractor, pode quedar ahí todo o dia.


No xardin da casiña hai sombra para sentarnos na herba ou para tomar o sol, segun se queira.


Temos auga para os cans, e para a xente tamén , cunha nevera na casa na que haberá refrescos.


Traer botas, visera, correa , can , e pouco mais, que as ovellas xa están aquí.



Actualizando lista:

1 Yako con Jose Luis, campions galegos canicross 2010 , master 40

2 Dalí con Marcos, subcampions galegos canicross 2010 senior

3 Klaus con Pablo, especialista en dogcross

4 Garry con Roberto ,campion galego canicross 2009 senior

5 Berta con Roberto,campion galego canicross 2010 senior

6 Pepa con Nuria

7 Sira con Silvia

8 Tweed , fillo de Todd e Maya, traballará con cabras en Narón, con Luis

9 Speed , idem, con vacas en O Pino con Manuel

10 Queen, idem, con 300 ovellas en Viana do Bolo con Manuel

11 Rocky , un pastor alemán , traballando con 20 frisonas en Vilasantar con Pepe

12 Sella con Paula y J.Angel

martes, 18 de mayo de 2010

Maya e Todd , papás outra vez





Temos unha moi boa nova , Todd e Maya xa son papás de novo, dende o 15 de maio.
Hai catro femias e tres machos, todos con excelente saúde.
Mais fotos en :























































































miércoles, 5 de mayo de 2010

PROXIMO CURSO DE INICIACIÓN O PASTOREO


Agora que remata a liga de canicross, podemos poñer fecha o de pastoreo:

Vai haber duas fechas, por se alguén quere repetir:

-sábado 29 de Maio as 10:00

-a proxima data está por poñer

localización:


Habería que estar en Arosa nº 1, Arceo Boimorto as 10:00, con botas, o can, correa para o can, e pouco mais.

En frente da casa do concello de Boimorto hai unha carretera que pon LANZÁ.
Se toma dita ruta , e a 3 km hai un cruce a dereita que pon CASILLA PRÉSARAS, SANTARANDEL , AROSA.Collendo esa carretera , a 1 km,todo cara arriba, sempre pola principal, se chega a miña granxa, que é a última casa de Arosa.
Se chegades a ver o letreiro de que estades en Santarandel é que vos pasastes un pelín e hai que dar volta.
OBXETIVO:
-Que cans de raza pastora nos amosen o seu instinto mais primitivo, e ver se teñen aptitude para controlar un rebaño de ovellas.


TEORIA:.
-Charla explicativa do que imos facer


PRÁCTICA :
Hai tres niveis de aprendizaxe:
a) Cas ovellas en recinto de 50 mts, facer que cada can , por orden , as rodee por fora, obedecendo os lados e as pausas.
b) O can dentro cas ovellas
c) O can no prado cas ovellas, sen recinto

Pausa para comer, de 14:00 a 16:00, en Boimorto, restaurante Vilanova (por conta de cada un)

De 16:00, ata a noite,seguir practicando

A ver canta xente se apunta.



--

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente