Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

martes, 30 de marzo de 2010

Cursos de pastoreo


Polo de agora non hai ninguén en Galicia que nos ensine como pastorear.
Penso que con vacas e mais dificil que con ovellas.

Hai dous anos tiven o gusto de coñecer a Alejandro Ibarra en A Estrada, nun curso organizado por Ovica.
Alí me ensinou como iniciar a Todd.
Posteriormente coincidin con él en Mabegondo, nun curso-exhibición do que hai algo na web da tvg:
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=4791&corte=2008-11-02&hora=14:04:47&canle=tvg1
Na primaveira do 2009 fun a Navarra a coñecer a Fermin (Yeleen), en un seminario de dous dias.
Logo, en Monremor O Novo (Portugal) fixemos o debut con ovellas , quedando de últimos da clase novice, pois pecamos da inexperiencia cas ovellas.
Alí coñecin a Miguel de El Hechizo, que o fixo moi ben na clase open.

Dende entón tentei conseguir ovellas , e hoxe teño tres , mais o carneiro e un año recen nacido.

Practicamente todolos dias practico pastoreo con Todd e Maya.

O principio Todd era un tolo, pero pouco a pouco fouse pausando:
http://www.youtube.com/watch?v=_CfQb2lMwIY

CACHENAS


Pequenas e cornudas vacas da derra do Xurés (Ourense e Portugal ).


Son moi rústicas, con facilidade de parto, e producen carne de gran calidade.
Mais información sobre as razas bovinas galegas autóctonas en peligro de extinción:

Todd e Maya



O border collie se consideran coma o can mais intelixente de todos, e se non o demostra sempre e por culpa das persoas que non os sabemos ensinar.

http://www.youtube.com/watch?v=c0s_dcKV_Yk


Eu teño un macho, Todd, e unha femia, Maya.



Aparte do canicross e do pastoreo, inicieinos en agility, pero sen dúbida poden destacar en calquera deporte e actividade canina.

mais informacion en http://www.acade.blogia.org/

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente