Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

miércoles, 5 de mayo de 2010

PROXIMO CURSO DE INICIACIÓN O PASTOREO


Agora que remata a liga de canicross, podemos poñer fecha o de pastoreo:

Vai haber duas fechas, por se alguén quere repetir:

-sábado 29 de Maio as 10:00

-a proxima data está por poñer

localización:


Habería que estar en Arosa nº 1, Arceo Boimorto as 10:00, con botas, o can, correa para o can, e pouco mais.

En frente da casa do concello de Boimorto hai unha carretera que pon LANZÁ.
Se toma dita ruta , e a 3 km hai un cruce a dereita que pon CASILLA PRÉSARAS, SANTARANDEL , AROSA.Collendo esa carretera , a 1 km,todo cara arriba, sempre pola principal, se chega a miña granxa, que é a última casa de Arosa.
Se chegades a ver o letreiro de que estades en Santarandel é que vos pasastes un pelín e hai que dar volta.
OBXETIVO:
-Que cans de raza pastora nos amosen o seu instinto mais primitivo, e ver se teñen aptitude para controlar un rebaño de ovellas.


TEORIA:.
-Charla explicativa do que imos facer


PRÁCTICA :
Hai tres niveis de aprendizaxe:
a) Cas ovellas en recinto de 50 mts, facer que cada can , por orden , as rodee por fora, obedecendo os lados e as pausas.
b) O can dentro cas ovellas
c) O can no prado cas ovellas, sen recinto

Pausa para comer, de 14:00 a 16:00, en Boimorto, restaurante Vilanova (por conta de cada un)

De 16:00, ata a noite,seguir practicando

A ver canta xente se apunta.



--

7 comentarios:

  1. o 29 de maio para nos e imposible xa que tampouco imos poder ir a ourense.
    o 26 de xuño intentarei axustarme para ir a probar pero nn che prometo nada pois dependo un pouco do curro e dos compañeiros

    ResponderEliminar
  2. Yako está desexando morder nas patas desas ovelliñas.
    En principio conta con nos.
    Grazas pola invitación.

    ResponderEliminar
  3. Apunta a Dalí!
    dice que aunque sea coje el atillo y va el sólo!

    ResponderEliminar
  4. en o Pino xa falaremos do tema.
    Conto con vos.
    Se resulta satisfactoria a experiencia , non hai problema para repetir cando nos veña ben a todos.

    ResponderEliminar
  5. Hola, son Nuria e teño unha border muy tola, gostariame saber si este curso e aberto para a xente que queira ir. Gostarianos poñer a Pepa diante de unha ovella, a ver como lle iria.

    Graciñas e un saudo.

    ResponderEliminar
  6. Ola, Nuria:
    O curso é aberto.
    Vente a Boimorto, logo.

    actualizando:
    Yako
    Dalí
    Klaus
    Garry
    Berta
    Pepa

    ResponderEliminar
  7. O curso e aberto, pero cada ovella vale 100 €, así que o que queira comer cordero......

    ResponderEliminar

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente