Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

martes, 27 de abril de 2010

trial de pastoreo en Freixo do Meio


Estupendo segundo posto na categoría de menos experiencia de Todd con Enrique en Portugal, non escapando ningunha ovella.
Daban de tempo 8 minutos, e ainda nos obraron case 2 min.
O percorrido constaba de varias probas:
-Enviar o can a polas ovellas rodeándoas, e traelas cara unha estaca
-Rodear a estaca cara a esquerda e dirixirse a un corral
-Rodear o corral e ir cara unha porta
-Atravesar a porta e ir cara unha arbore
-Rodear a arbore , e xirar cara outra porta
-Cruzar a porta e dirixirse a estaca
-Na estaca, atrapar unha ovella e collela por unha pata.
Había uns 10 portugueses, un belga, dous franceses e mais eu, nas duas categorias.
Os cans eran nun 90% borders de pelo curto, un kelpie, un serra da Aira , e algún cruzado.
video:

miércoles, 21 de abril de 2010

proba de pastoreo en Portugal

Acudiremos con Todd e Maya este fin de semana, durmindo de camping en unha finca inmensa, preto de Evora, en Portugal.
A ver se aprendo algo mais de pastoreo, e non quedo eliminado nada mais empezar.



APUCAP Home Page
Spring Trirals - Encontro Primavera 2010



Escrito por Administrator
Sexta, 03 Abril 2009 06:24

5º Encontro de Primavera - Spring Trial 2010

24 de Abril de 2010 - Prova do Campeonato Internacional de Pastoreio inserido no 5º Encontro da Primavera na Herdade do Freixo do Meio
A prova contará com o melhores conjuntos portugueses, espanhóis e franceses.
Programa do 5º Encontro de Primavera na herdade do Freixo do Meio que decorrerá no dia 24 de Abril, sábado.
Este ano dedicado ao 2010 - Ano Internacional da Biodiversidade, teremos as tradicionais actividades que são do agrado de todos como o 5º Campeonato Internacional de Cães Pastores, a 3ª Mostra de Soluções para um Mundo mais Sustentável, a feira de produtos e cultura local, bicicletas e passeios guiados mas também o 1º Concurso Regional de Tosquia de Ovelhas, Troca e Oficina de Sementes pela Colher para Semear, Passeio Geoturístico Slow, palestra pela Slowfood e degustação de produtos especiais, prova de vinhos e azeites, apresentação da nova série de animação portuguesa - Ema e Gui, a actividade para crianças Brincar com a Biodiversidade no Montado, espectáculos de dança e teatro, jogos tradicionais,burros e comida biológica.A entrada é livre, bastando aparecer com a família para mais um dia muito bem passado na herdade do Freixo do Meio.

jueves, 15 de abril de 2010

Primaveira en Boimorto


Xa están parindo as cachenas, polo que os xatiños brincan xogando a carón das suas mamás.
galeria de fotos:

martes, 13 de abril de 2010

VIG BAY 2010


No dia 11 de abril non tiña outra cousa que facer que correr a media maratón entre Vigo e Baiona.
Para facerse a idea de canta xente había, non hai mais que ver o video da saida, no que hai 4 minutos entre que sae o primeiro e o derradeiro.

http://vimeo.com/10863794

Compartin kilometros co Eldelmonte , Evarist, Panzudo, Oliveira,Pache, Tartarugo, Montxo, Irdam,Morán, Pipe, Beauveais,Foucellas,Tara, e un sinfin de foreiros de http://www.correrengalicia.org/

Facia moita calor, e levoume unha hora e cuarenta minutos chegar a meta, onde me esperaba a familia para darme apoio.
Video da miña chegada, 1:40:53

martes, 6 de abril de 2010

OVICA







Ovica é a asociacion de Criadores de ovino e caprino de Galicia.

http://www.ovica.org/principal.html



Grazas a eles coñecín o adestrador navarro Alejandro Ibarra, nunhas xornadas en A Estrada, no ano 2008.

No seu boletin anunciei a primeira camada de Maya e Todd, con moito éxito, pois duas femias están traballando con ovellas en Viana e Narón.

Estou pendente de que organicen novamente xornadas de pastoreo, para seguir aprendendo.



















jueves, 1 de abril de 2010

INTERNACIONAL




Hai una asociación de pastoreo con sede no Reino Unido, a I.S.D.S:










Fan concursos anuais de moito prestixio, sendo os cans gañadores considerados coma heroes nacionais, e valorándose moito os seus fillos.




Hai posibilidade de asociarse e recibir o boletin impreso, con reportaxes moi interesantes (en inglés).




Se queres podes mercar silbatos, Dvds de pastoreo, libros, etc.




Xente como Aled Owen,Dereck Scrimgeour,Glyn Jones,Andy Nicless,etc , te ensinan nos seus videos como aprender o teu can a pastorear ovellas.




Mais preto, en Portugal, organizan algún torneo anual.


Teñen a pax. sen actualizar.

Eu fun no 2009 a Herdade doFreixo do Meio, en Montemor O Novo ( entre Lisboa e Evora), e aprendin moito, pese a quedar de último.








Videos propios


Este becerriño de un dia cruza o aramio coma se nada:

http://video.google.es/videoplay?docid=-1661625612662889360&ei=J3i0S-DjHMup-Ab5_pTfBg&q=cachenas&hl=es#


Todd traballa e Maya aprende:

http://video.google.es/videoplay?docid=-8506570984021312616&ei=J3i0S-DjHMup-Ab5_pTfBg&q=cachenas&hl=es#

Curiosidades na web

Este video é unha montaxe, pero mola:

http://www.youtube.com/watch?v=vGOGOxtN2lM



Este border, chamado Bu é mais listo ca fame:

http://www.youtube.com/watch?v=EJkO4xDUBS0&feature=related



http://www.youtube.com/watch?v=wI7rZXwSDC4&feature=related

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente