Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

viernes, 20 de agosto de 2010

voltei de Valencia


Recomendo a todos os amantes do pastoreo que fagan por ir a Torrent algún ano, pois unha semana e o tempo mínimo para aprender o imprescindible.
Case todos os alumnos iban por aficion, pois non teñen ganado na casa, e dicir , ainda que non sexan profesionais, gostalles ver o instinto do seu can.
Foi impresionante ver algún can, que o primeiro dia non miraba para as ovellas, o segundo xa as pastoreaba.
Sempre atentos Miguel e Etienne, para nos correxir, faciamos actuacions de cinco minutos por can, unha ou duas veces pola mañá, e o mesmo pola tarde.
Contabamos con vinte ovellas, recen mercadas, que nunca viran un can diante.
Tres cans do francés, cada un aprendido nun idioma diferente, mantiñan dez ovellas no medio dunha enxoita e polvorenta leira rodeada de laranxos, cunha calor infernal.
Senon estiveran eses cans, as ovellas van para os curunchos, e son moi malas de quitar.
Persoalmente, penso que Etienne ten moita paciencia, pois me decía sempre que non repetira as ordes tan seguido, pois os cans on estaban a facer ben, e eu así os aceleraba de mais.
Según o tono de voz, o can traballa dunha maneira ou de outra.
Con voz grave, traballa lonxe, e ca aguda, mais preto das ovellas.
Todd, tras un can francés, era o mellor de todos os alumnos, e nos tocaba sempre iniciar a xornada , cas ovellas mais frescas é rápidas.
Maya non rodea de todo, senon que fai semicírculos por adiante , traéndome as ovellas, e agora practicamos para que me rodee por atrás, nunca entre eu é as ovellas, que é o denominado "triángulo prohibido".
Desta maneira aprende a empuxar, non so a traer.
Nunca se lle di "non" o can senón a orden que creas oportuna, coma por exemplo decirlle "fora" cando ves que vai trabar as ovellas.
Non deixa Etienne que ninguén acariñe os seus cans, pois eso os vicia.
Somentes él os toca, cando quere premialos.

O curso e así:
-madrugar , para almorzar as 8:00
-empezar a adestrar, por turnos, de 8:30 ata as 11:30
-aperitivo e tempo libre
-as 15:00, xantar
-as 5:30, teoría, nunha pizarra, con repaso do visto os dias anteriores.
-as 6:00, adestrar, ata a noite, que ven sendo as 9:15
-as 10:30, cear
hai unha piscina pequena, ideal para refrescarse no tempo libre.
O compañerismo entre os alumnos, moi bo, respetando os turnos de cada can, e comentando as actuacions.
Os anfitrions, Miguel e Mª Jesús, moi hospitalarios, e a comida fantástica e moi ben presentada.
Etienne e Natasha, encantadores.

O ano que ven penso voltar, asi, que se alguén se anima, iriamos xuntos.

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente