Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

lunes, 31 de mayo de 2010

O dia despois do curso de pastoreo


Pasamos unha boa xornada pastoreando ovellas en Boimorto.
Non me puxen moi nervoso por estar os da tele, e me gustou ver que moitos cans teñen o seu instinto gardado pero presente, como Yako e Dalí, que se atreveron incluso cas bravas cachenas.
Pepa e Sella se mostraron desafiantes e nada temerosas ante as ovellas.
Sira, para o noviña que é , promete moito.
Berta non está adestrada para pastorear, pero con tempo, xa se vería.
O mesmo digo de Lisa, a cadeliña mestiza da miña irmá Alicia.
Klaus é un bonachón, que pasaba das ovellas, pero que me encantou que viñera.
Tweed, fillo de Todd e Maya da anterior camada, demostrou que traballa a diario con cabras, pois a campo aberto moveu o rebaño moi ben, e incluso colaborou co Todd no San Fermin das cachenas.
por xentileza de Jose Luis Rio, temos estas fotos:
Mauxi fixo estas outras:
So teño verbas de agradecemento para Marta polo seu apoio loxístico, indo a buscar a xente que non daba co sitio, e facendo de anfitriona mentres eu estaba liado.
Gracias os compañeiros de Criaturas, por axudar a promocionar o pastoreo en Galicia, e xa estamos deseando que emitan a reportaxe en Setembro.
A data do próximo cursillo está no aire, pois prefiro ir primeiro a Valencia para coller mais soltura, e logo transmitir aqui os coñecementos.

1 comentario:

  1. Para mi fue una jornada espectacular, lo pase como nunca,
    os dejo unas fotos que saqué los videos todavia los estoy montando.

    http://picasaweb.google.es/dali.vidaperruna/PastoreoEnBoimorto#
    Gracias Guty Gracias Marta
    Mauxi

    ResponderEliminar

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente