Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

martes, 27 de abril de 2010

trial de pastoreo en Freixo do Meio


Estupendo segundo posto na categoría de menos experiencia de Todd con Enrique en Portugal, non escapando ningunha ovella.
Daban de tempo 8 minutos, e ainda nos obraron case 2 min.
O percorrido constaba de varias probas:
-Enviar o can a polas ovellas rodeándoas, e traelas cara unha estaca
-Rodear a estaca cara a esquerda e dirixirse a un corral
-Rodear o corral e ir cara unha porta
-Atravesar a porta e ir cara unha arbore
-Rodear a arbore , e xirar cara outra porta
-Cruzar a porta e dirixirse a estaca
-Na estaca, atrapar unha ovella e collela por unha pata.
Había uns 10 portugueses, un belga, dous franceses e mais eu, nas duas categorias.
Os cans eran nun 90% borders de pelo curto, un kelpie, un serra da Aira , e algún cruzado.
video:

1 comentario:

  1. Noraboa compañeiro por esa magnifica actuacion. Xa podes estar orgulloso de TODD.
    Algún dia tedes que ensinarnos a Hera e a min

    ResponderEliminar

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente