Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

martes, 6 de abril de 2010

OVICA







Ovica é a asociacion de Criadores de ovino e caprino de Galicia.

http://www.ovica.org/principal.html



Grazas a eles coñecín o adestrador navarro Alejandro Ibarra, nunhas xornadas en A Estrada, no ano 2008.

No seu boletin anunciei a primeira camada de Maya e Todd, con moito éxito, pois duas femias están traballando con ovellas en Viana e Narón.

Estou pendente de que organicen novamente xornadas de pastoreo, para seguir aprendendo.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente