Inicios:

Dende o ano 2001 crio vacas cachenas no concello de Boimorto.



Son vacas moi desconfiadas e dificiles de guiar de finca en finca, polo que descubrin que tendo border collies adestrados, todo sería mais doado.



Todd e Maya me axudan a meter as vacas na manga para os controis oficiais do saneamento, vacinación fronte a lingua azul, etc.

martes, 31 de mayo de 2011

SENSACIONS DO CURSO-EXHIBICION DE BOIMORTO

Francamente, penso que traer a Emanuel foi unha gran experiencia, por como é como persoa, e como transmite a sua sabiduria , con moita paciencia e dedicacion.

Empezamos o sábado ocunha sesión teórica na Casa da Cultura que o concello nos cedeu para a ocasión.
Alí aprendimos os comandos e movementos básicos dos cans, cunha presentación e powerpoint complementada con videos.

Acto seguido xa puidemos ir xa o campo a practicar cas ovellas cedidas por un gandeiro local.

Nun curro redondo pequeno, comenzamos con ovellas dentro co pastor, e can fora, practicando o punto de balance.
Tras a sesion teorica da tarde, no prado xa aumentamos o perimetro do curro, e se traballou con todo dentro, can ovellas e pastor, para que vaia o can collendo confianza e non teña medo de rodealas , facendo sitio entre elas e as vallas.

A tardiña do sábado xa practicamos a campo aberto, ca axuda da cadela de Emanuel, Nan.


O domingo practicamos o curro grande, campo aberto, e a última hora nos deleitou Emanuel cunha exhibición onde mediante asubíos enviou a súa cadela a recoller o rebaño , traelo, levalo, facelo pasar por unhas portas, e gardalas no corral.
Todo a distancia.

Os cans alumnos foron dous cans de palleiro, un pastor belga, un pastor alemán, e dez border collies.
Hai que agradecer a colaboración do Concello de Boimorto e a SAT A Sobreira s.c. para que esta idea fose posible.
Igualmente os anunciantes que colaboraron con ACADE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todd ca sua mamá en Benavente

Todd ca sua mamá en Benavente