Temos previsto, ca axuda de A.C.A.D.E. e do concello de Boimorto , organizar un cursillo de pastoreo, con participantes que traigan o seu can (inscripcion e pago de cota), pero tamén que sexa aberto o público, que se queira achegar a Boimorto , no derradeiro fin de semana de maio (28 e 29).
O concello pon un solar no medio do pobo para a ocasión, rodeado con vallas, e con zona de sombra e auga fresca en todo momento.
As ovellas se intentará que non se estresen moito, e cos descansos pertinentes,baixo control veterinario.
Imos contar para a ocasion da sabiduría de Emanuel Freitas, presidente da asociacion portuguesa de cans pastores, campeón no seu país en varias ocasions, e representante portugués nos trials internacionais de cans pastores do Reino Unido.
E un curso dirixido a :
-gandeiros de vacún, ovino e caprino
-propietarios de cans pastores que queiran despertar ou potenciar o instinto do seu can
O número de inscritos vai ser limitado,para maior aproveitamento e seguimento do curso, intentando que o mestre vexa cada can traballando , nos diga os posibles erros, e nos axude a correxilos.
Vai contar Emanuel cos seus cans adestrados que van servir de moita axuda cando se nos escapen as ovellas a nos.
O sábado comenzaremos as 9 con un pouquiño de teoría, e logo practicaremos ata a noite, parando para xantar.
O domingo, dende as 9 ata o medio dia
O sábado comenzaremos as 9 con un pouquiño de teoría, e logo practicaremos ata a noite, parando para xantar.
O domingo, dende as 9 ata o medio dia
A incripcion custa 50 € , e se fará na web de ACADE
www.asociacionacade.com
www.asociacionacade.com